Imos de Furancho!

A bodega Reboraina (http://reboraina.com/) coñecémola dende A Mostra do IXP Ribeiras do Morrazo ( ver https://bikeandwinegalicia.wordpress.com/2019/06/06/vigo-viii-mostra-do-vino-de-vilaboa-moana-vigo/) . Pouco despois chegounos noticia do seu espectacular magnolio que dá sombra a unhas 20 mesas ( non as contei!).

Pois nada, deste ano non pasa. Fomos coñecer o Furancho e enseguida me dei conta que había que ir en bici, tomar uns viños, e volver a Vigo 🙂

Sabía que a Senda da Auga non podía estar lonxe. Busquei conexión e atopeina rapidamente. Inda millor, atopei máis furanchos no camiño 🙂 :

Laranxeiro e A Garonda

Furancho A Garonda

Iso sen esquecer que estaremos ao carón dos míticos Muíños de Redondela: O da Ponte, O´Peirao e o Vello. Quen non foi algunha vez?

Xuntóuseme o aniversario coa saída semanal da grupeta do Pedro. E que carallo vas facer…

Pois non queda outra que pagar un viño: Veña todos para a Reboraina!

Iso si, non tiven mellor idea ca ir probar a ruta o sábado. Se cadra o día máis caluroso do mes… E claro, como se estaba ben na casa, saín tarde e sen comida…malo será!

Menos mal que a Fonte O Cotiño e o río coidaron de min:

Pero da comida non houbo noticias!

Que os furanchos están pechados ao mediodía xa o sabía, pero que os muiños tamén, non 😦

Pero hoxe témolo todo preparado. Un pequeno pelotón, ruta testada, e «pa» diante.

A ida:

Seguindo a ruta da auga tedes que cruzar dúas estradas, a N-555 e mais a N-550. Se non coñecedes ben os enlaces seguide a ruta de Wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/vigo-furancho-a-reboraina-52702203

Xa case chegando ao destino ídesvos atopar con este sinal:

A uns metros está o Furancho A Garonda. E baixando a estrada chegamos á Reboraina. Inda que nós, metémonos nunha carballeira para disfrutar dunha trialeira preciosa que te leva directamente ao destino:

Unha marabilla chegar por este camiño. Non é moi técnico, chan típico de carballeira; gustoso, brandiño e colle velocidade!!

E o sitio non pinta mal:

Nada mal:

Pinta así de ben:

A ver o viño:

O viño, os pementos e a tortilla, fan de nós un grupo recuperado:

A sombra deste magnolio seguro que tamén ten bastante culpa:

O máis novo do grupo reparou nos piares de pedra que sosteñen as ramas:

Un sitio moi agradable que invita a disfrutar. O resto da grupeta non o coñecía e xa está facendo plans para vir coa parella: xa me deben dúas 🙂

Antes de que me esqueza: Hai que levar a máscara:

Este furancho, como a maioría, pecha o 31 de xullo, así que xa sabedes, bulide!

E ademáis tedes a botella de oferta!

Pois xa estamos preparados para enfrontarnos á volta:

Ou maybe not…

Menos mal, que chegou Manuel para botar unha man. Non chega para o viño, pero para axudar sempre está!

A volta ímola facer retomando os nosos pasos:

Baixamos á fonte do Cotiño a coller auga e esquecer unha botella. Por esa orde. E subimos de volta á Senda da Auga pola estrada (as trialeiras mellor baixalas 🙂 )

https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/furancho-reboraina-fuente-vigo-52710365

Outras opcións de retorno:

1.- Baixar a Redondela e coller o tren de volta a Vigo (tende en conta que só hai tres prazas para bicicletas nos trens, recomendable coller o billete con bici con antelación).

2.- Baixar a Rendodela e retomar a Senda da Auga indo Contra-Camiño de Santiago. Afórranse quilómetros, pero hai unha costa moi empinada que salvar.

3.- Volver pola estrada nacional até Chapela e despois buscar os camiños que van pegados ao mar.

A nosa volta foi do máis agradable. Baixo sombra case todo o tempo, o día acabando, sen calor e inda por riba costa abaixo 🙂

E a xornada inda nos tiña outra grata sorpresa:

Estaba a ría para comela!

Vamos, que se non vos dan ganas de coller a bici e ir tomar uns viños; dimito!!!

Recomendacións:

Son bastantes quilómetros e o furancho abre ás 19.30 horas. Hai que calcular ben o tempo para que nos permita chegar e voltar. Sair as 17.00 ou 17.30 h por exemplo.

O camiño é sombreado en moitos tramos.

Nós fomos nun día de moita calor, e levouse ben. Inda que algún ía tirando case a 20 km/h… A un ritmo máis tranquilo pódese facer en 2 horas, 2 horas e media, cada tramo.

E tampouco podemos parar moito no furancho que hai que pedalar de volta antes de que veña a noite. Pouco viño e pouca comida… Nos tomamos media de viño, media de tortilla e unha de pementos. Como me dicía un; se con media de viño facedes 50 km; cun litro debería dar para 100 Km! 🙂 🙂

Non se pode reservar mesa, pero chegando cedo, non deberiades ter problema. Se está cheo, tedes varias opcións ao redor.

Fanche un sitio para gardar as bicis ao carón dos aseos e quedan controladas dende a mesa.

En resumo; Espero que a disfrutedes. Eu xa o fixen 🙂 Cando vaiades, decide que ides de parte de Bike & Wine. Non vos van facer desconto, pero se ides moitos, o ano que vén igual me invitan a min 🙂 🙂

Unha vez máis; Aventuras de Bici e Viño!!!


Deja un comentario